PlamBe

PlamBe
Bibliotecas escolares

martes, 10 de febrero de 2026

Club de lectura ESO 2

O club ESO 2 comezou o curso coa lectura do libro "O misterio das badaladas" de Xabier Docampo.


Un grupo numeroso e animado, veremos quen resolve antes o misterio.

MALETA LITERARIA: Contos para un planeta.

 Este curso, desde a biblioteca impulsamos a colaboración co Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) quen nos cedeu o uso dunha maleta literaria durante un mes.

Unha maleta con 16 contos que  apoian os obxectivos 13 “Acción polo Clima”, 14 “Vida submarina” e 15 “Vida e ecosistemas Terrestres” dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (Axenda 2030).

A maleta viaxou polas aulas e tamén foi empregada no programa de apadriñamento lector.





Sen dúbida repetiremos a experiencia!

Apadriñamento lector 5º EPO-6º EI

Este curso poñemos a andar o Programa de apadriñamento con 4 cursos. Abrimos o programa co alumnado de 5º de EPO e 6º de Infantil, do que deixamos algunhas imaxes a continuación:





Tivemos moita sorte co tempo e puidemos traballar na bibloi e fóra.

SEMANA ESPECIAL: 24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA.

 


Unha semana moi divertida na que o bingo lector gañou moitos e moitas seguidores/as.
Esta semana contamos coa axuda dos voluntarios e voluntarias de Primaria, que animaron e guiaron a actividade, axudando moito cando máis visitas tivemos.

Comezamos o luns cos máis pequenos/as



E continuamos o resto da semana cun gran éxito de convocatoria







E por certo, o voluntariado chegou para quedarse!

BRIGADA IRIDESCENTE. Club ESO 1

O alumnado do Club ESO 1 rematou a lectura do cómic "A brigada iridescente", todo un éxito: Encantoulles!

Ao finalizar fixeron unha pequena guía de lectura que pode ser empregada como marcapáxinas.



lunes, 9 de febrero de 2026

SAMAÍN... UNHA SEMANA TERRORÍFICA

Polo Samaín tivemos unha semana moi intensa na nosa biblioteca.

Creamos un ambiente moi especial e coa colaboración de voluntariado de Secundaria e familias gozamos dunha semana animación lectora terrorífica e espectacular. Foron pasando todas as clases pola biblioteca para escoitar contos de medo e historias terroríficas.

Deixamos algunhas imaxes destes momentos a continuación:












Ademais durante toda a semana tivemos unha exposición de libros terroríficos expostos para que todas as clases puideran pasar a visitarnos e realizar lecturas na biblioteca



Un Samaín de conto na biblio!

O alumnado de 6º de Primaria acudiu á biblioteca escolar para poñer en práctica o aprendido no seu proxecto e ao tempo facer que diferente alumnado de Primaria puidese gozar das súas dotes artísticas. 


Pasamos un tempo moi divertido coas súas dramatizacións


Agardamos seguir compartindo momentos coma estes!

Samaín: Conto contigo

 O alumnado de ESO 3 realizou as animacións lectoras de Samaín, nunha biblioteca reconvertida nun salón de lecturas terrorífico. O alumnado ...