PlamBe
Bibliotecas escolares
martes, 28 de noviembre de 2023
jueves, 16 de noviembre de 2023
martes, 14 de noviembre de 2023
Feira científica
O alumnado de 1º de ESO celebra na biblioteca escolar a súa Feira científica.
Nos últimos 15 días o alumnado desta clase estivo traballando no proxecto "Life" que finalizou cunha feira na que o propio alumnado amosoulle ás familias o resultado do seu esforzo: maquetas, teatro, explicacións a través de infografías, experimentos e demostracións científicas foron algúns dos traballos levados a cabo o pasado venres na biblioteca.
Días das bibliotecas
O día 24 de outubro celebrouse o Día das bibliotecas e, na biblioteca escolar, tiveron lugar varias animacións lectoras para conmemorar a data e achegar, dun xeito lúdico, o noso alumnado á lectura.
O equipo de profes que dinamiza a Biblioteca escolar aproveitou a celebración do Día das Bibliotecas, para facer varias animacións lectoras coas clases de educación infantil e os primeiros cursos de educación primaria. Ao longo da mañá foron pasando os diferentes grupos para escoitar a unhas contacontos moi especiais (Lorena, Teresa e Fani). Polo camiño cara a biblioteca había moitas caras de expectación entre os peques, xa que sabían que lles esperaba algo novidoso e moi sorprendente.
Con estas dinámicas perséguese fomentar a lectura entre o alumnado e familiarizalo co uso da biblioteca coma un espazo aberto á súa disposición que lles permitirá vivir excitantes aventuras a través dos libros que poderán atopar nela.
ESO 1
BRIAN O CHINÉS
Comezamos cun novo libro nas reunións do club ESO 1: Brian, o Chinés. O libro foi escollido polo grupo de alumnos e alumnas do club entre diferentes opcións.
Brian, o Chinés (Primeiro Premio de Novela Xosé Neira Vilas) é unha novela sobre un mundo de emocións gurgullante ao redor dun neno con síndrome de Down, dende os seus primeiros anos na escola ata a súa adolescencia. Durante este tempo, Brian vai sentíndose parte dun grupo -formado por amigos, mestres, familia…- no que se sinte cómodo e co que vive grandes experiencias.
Pero este percorrido non sempre é doado, ás veces debe enfrontarse a situacións problemáticas que van cambiar o rumbo dos seus días.
Esta novela foi escrita por David Daniel Vázquez Álvarez e ilustrada por Andrés Meixide; editada por Embora.
lunes, 13 de noviembre de 2023
Club de lectura ESO 2
Escarlatina, a cociñeira defunta.
Para iniciar as reunións deste curso escollimos este arrepiante libro escrito por Ledicia Costas, ilustrado por Víctor Rivas e editado por Xerais.
Adentrámonos nunha viaxe ao mundo dos mortos onde non faltan ingredientes de aventura, misterio e moito humor.
Club de lectura ESO 1
O papagaio
O xornal para a xente miúda chega cada mes á nosa biblioteca. Nesta ocasión traballamos con el no club de lectura de Secundaria, como primeiro traballo do curso.
Neste xirnal atopamos diferentes seccións sobre ciencia, historia, arte, música, banda deseñana, actualidade...
Ovelliña, dáme la
Outra contada no club de lectura de Educación Infantil! Desta volta puidemos gozar da lectura deste libro da colección demademora de Kalandraka. A autora é Isabel Minhós Martins e ilustra Yara Kono.
–Para facer un xersei e ficar ben abrigado.
Se tapo ben a barriga non estarei constipado.
Sesión de contacontos en Infantil
Os tres porquiños
-
Xogos na Biblioteca escolar Desde a biblioteca escolar estanse a ofrecer actividades lúdicas nos recreos que fan as delicias do noso alumna...
-
Este curso o Club de Lectura ESO 1 iniciou a súa andadura coa Brigada Iridiscente Tivemos diversas reunións e falamos sobre este cómic que ...
-
O alumnado de 4º de ESO continúa co programa de apadriñamento co alumnado de 1º de EP. Esta é unha sesión que os máis pequenos agardan con e...
























.jpg)




