PlamBe

PlamBe
Bibliotecas escolares

martes, 14 de noviembre de 2023

 Días das bibliotecas

O día 24 de outubro celebrouse o Día das bibliotecas e, na biblioteca escolar, tiveron lugar varias animacións lectoras para conmemorar a data e achegar, dun xeito lúdico, o noso alumnado á lectura.

O equipo de profes que dinamiza a Biblioteca escolar aproveitou a celebración do Día das Bibliotecas, para facer varias animacións lectoras coas clases de educación infantil e os primeiros cursos de educación primaria. Ao longo da mañá foron pasando os diferentes grupos para escoitar a unhas contacontos moi especiais (Lorena, Teresa e Fani). Polo camiño cara a biblioteca había moitas caras de expectación entre os peques, xa que sabían que lles esperaba algo novidoso e moi sorprendente.


Unha vez situados nos seus postos e captada a súa atención, deixáronse levar polas magníficas historias que as nosas contacontos tiñan preparadas para eles e elas. Os contos seleccionados foron  «Barbillas y cosquillas» para educación infantil,  «Una cena monstruosa» para 1º EP e «Vivan as uñas de cores» para 2º e 3º EP.

Con estas dinámicas perséguese fomentar a lectura entre o alumnado e familiarizalo co uso da biblioteca coma un espazo aberto á súa disposición que lles permitirá vivir excitantes aventuras a través dos libros que poderán atopar nela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Club de lectura

 Último chamamento para apuntarse aos Clubs de lectura!