PlamBe

PlamBe
Bibliotecas escolares

jueves, 12 de marzo de 2026

Club de lectura ESO 2: Druídas

A lectura actual do club ESO 2 é Druídas, de María Canosa. Un libro co que o alumnado se está achegando aos mitos e lendas da nosa tradición.




Semana do 8M

Durante esta semana na biblioteca seleccionamos unha chea de libros para consulta no tempo de lectura na biblioteca relacionados coa temática a festexar.
Ademais, fixemos unha exposición que colocamos na zona central para que todo o alumnado puidera acudir e realizar actividades sobre a temática.






Por último, no tempo de recreos elaboramos un mural e realizamos actividades e xogos arredor do 8M.
Unha chea de actividades nas que participaron os diferentes niveis educativos.






Club de lectura ESO 1: Brian o chinés

No club de lectura ESO 1 estamos lendo Brian o chinés, de David Daniel Vázquez Álvarez. Este libro foi Primeiro Premio de Novela Xosé Neira Vilas e é unha novela sobre un mundo de emocións gurgullante ao redor dun neno con síndrome de Down, dende os seus primeiros anos na escola ata a súa adolescencia. 




O alumnado está seguindo moi atento a trama deste libro. Agardamos rematalo antes das vacacións de Semana Santa.

jueves, 5 de marzo de 2026

5º visita a biblioteca escolar

O alumnado de 5º de EP acudiu á biblioteca para realizar unha labor de investigación. Estiveron traballando toda a sesión na biblitoeca empregando diferentes medios. 




Unha sesión de traballo moi productiva!

Materiais

 Na biblioteca elaboramos materiais para complementar aprendizaxes co noso alumnado, por exemplo a "Baralla baralloca" para aprender vocabulario da nosa lingua. O alumnado de 6º traballou con ela nunha sesión de reforzo na aula.

Obradoiro LEMOLA

Visitamos o obradoiro LEMOLA que se realiza na biblioteca escolar para ver as actividades que se desenvolven. Deixamos unha pequena mostra:









Feira cientimaga de 2º de EP

O alumnado de 2º de primaria rematou o seu proxecto de maxia ou ciencia cunha feira moi especial na biblioteca á que invitaron a participar  a toda a comunidade educativa. 

Da gusto ver todo o que aprenderon neste proxecto!






miércoles, 4 de marzo de 2026

Proxecto de 5º de EP: Saúde mental

Como produto final do proxecto sobre saúde mental no que estivo traballando a aula de 5º de educación primaria, o alumnado organizou unha sesión formativa para as familias. Os responsables da formación en técnicas de relaxación realizaron a sesión na biblioteca escolar.

As familias que acudiron recibiron a formación teórica e práctica, xa que aprenderon algunhas técnicas útiles para reducir o estrés. Tamén se lles entregaron folletos informativos elaborados polo alumnado.





Club de lectura ESO 3

No segundo trimestre o club ESO 3 dividiuse e agora temos dous grupos reducidos con dúas lecturas diferenciadas. 

O primeiro deles está lendo "Mentira" de Care Santos, que por certo está ben interesante.



O segundo está lendo "48 horas" de Cándido Paniagua. Un libro de capítulos curtos e cheos de pequenas intrigas que mantén o interese do/a lector/a.




Entroido na biblioteca

Esta semana festexamos o Entroido por todo o alto. Montamos unha exposición temática sobre o Entroido galego na biblioteca e para anuncialo fixemos un peliqueiro que nos quedou impresionante.


O alumnado puido visitar a exposición cos seus compañeiros/as de clase e tamén nos recreos, nos que ademais houbo xogos e actividades variadas, incluído un obradoiro de pantallas para o alumnado de 6º de Infantil. Mirade cántas cousas chulas fixemos!











Club de lectura

 Último chamamento para apuntarse aos Clubs de lectura!