PlamBe
Bibliotecas escolares
jueves, 26 de febrero de 2026
Obradoiro de adornos de Nadal
Conta comigo
En decembro tivemos unha nova edición de "Conta comigo". Neste caso alumnado voluntario de Secundaria realizou lecturas de Nadal para o alumnado de Infantil e Primaria. Tamén houbo tempo para elaborar máscaras e debuxos relacionados coas lecturas. Estes recreos son moi ben acollidos polo alumnado!
Guía de lecturas
Xa estamos en Decembro, un mes fantástico para ler e regalar lecturas. Por se vos animades deixámosvos aquí unha Guía de recomendacións para diferentes idades. Esperamos que vos gusten.
Esta guía tamén a recibiredes a través da plataforma do cole.
Plan Anual
Este curso elaboramos un tríptico no que se recollen as principais actividades que se desenvolven na biblioteca. O tríptico está a disposición de todos os usuarios/as e comunidade educativa en formato papel na zona de administración e no acceso á biblioteca, de maneira que todo o mundo o poida consultar ou levar se o desexa.
Deixamos as imaxes no blog:
jueves, 12 de febrero de 2026
PLP: Programa de Lectura por parellas
Este curso estamos realizando o Programa de Lectura por parellas nas aulas de 3º e 5º, 4º e 6º de EPO. Este programa é unha colaboración da biblioteca coas aulas para acadar un mellor desenvolvemento lector no alumnado do centro. Está incluído no PLEA (plan de lectura, escritura e acceso á información) do noso centro. A equipa da biblioteca adapta e propón materiais para a posta en marcha do programa que inclúe sesións cada 15 días e continuidade durante todo o curso escolar, traballando de maneira alterna lecturas en galego e castelán, empregando diferentes tipos de textos.
Un encontro lector no que comparten, aprenden e se divirten.
Recreos alternativos: XOGOS CON NÚMEROS
Nos recreos alternativos da semana do 10 de novembro estivemos xogando cos números
martes, 10 de febrero de 2026
Programa Recreos alternativos
Na biblio continuamos co programa de recreos alternativos ofrecendo alternativas de ocio no tempo de recreo para aqueles rapaces e rapazas que desexen participar.
No programa incluímos actividades moi diversas como "Conta comigo" na que o alumnado dos Clubs de lectura de Secundaria realiza contadas para o resto do alumnado no tempo de recreo, actividades especiais para conmemorar datas significativas, exposicións e xogos, moitos xogos: xogos con letras, xogos de cartas, xogos con números, xogos de razoamento, xogos de atención... de todo tipo, pero xogos nos que o alumnado individualmente, en parella ou por equipas participa seguindo as instrucións e respectando as quendas.
Este curso comezamos cos Xogos no exterior:
25 N na Biblioteca escolar
Desde a biblioteca sumámonos a conmemoración do 25 N
Semana da animación lectora: CÓMIC
A equipa de biblioteca organiza unha animación lectora sobre o cómic con exposición e xogos para gozar dun mundo cheo de recursos cos que podemos pasar un tempo de lecer fantástico.
Ao longo da semana traballaron co cómic alumnos e alumnas de todas as idades, desde Infantil coa creación de cómics, pasando pro Primaria e Secundaria, realizando visitas á exposición e participando nos xogos no tempo de recreo.
Algunhas imaxes:
-
Xogos na Biblioteca escolar Desde a biblioteca escolar estanse a ofrecer actividades lúdicas nos recreos que fan as delicias do noso alumna...
-
Este curso o Club de Lectura ESO 1 iniciou a súa andadura coa Brigada Iridiscente Tivemos diversas reunións e falamos sobre este cómic que ...
-
O alumnado de 4º de ESO continúa co programa de apadriñamento co alumnado de 1º de EP. Esta é unha sesión que os máis pequenos agardan con e...





























.jpg)

























