PlamBe

PlamBe
Bibliotecas escolares

viernes, 21 de junio de 2024

 Xogos con letras e preguntas

Nesta ocasión os xogos na biblioteca estaban centrados nas letras, palabras e preguntas. Así, cada nivel atendeu a un reto diferente. 

Deixamos algunhas imaxes das actividades realizadas:






miércoles, 12 de junio de 2024

 Conta comigo

Nas quedadas lectoras do recreo no mes de maio puidemos gozar da lectura de "Ate as princesas soltan peidos", "Se che pica un mosquito" "Artur e Clementina" e  "A cuadrilla dos 11". Neste caso foron as profes Lorena e Teresa xunto a Lúa alumna de 2º, membro do Club ESO 2, as que se encargaron de contar.







 Actividades na biblio

Este curso entre as dinámicas levadas a cabo na biblioteca houbo unha que foi moi exitosa: 

As curtametraxes

O alumnado que quixo achegouse no recreo a visionar unha serie de curtas sobre as que despois conversamos.





Ademais, aproveitamos para comernos unhas pipocas ben boas!


Letras Galegas

Coa axuda dos materiais proporcionados desde Polos creativos desenvolvimos diferentes actividades nos recreos na biblio ao longo da Semana das Letras Galegas. 






Marcapáxinas, quebracabezas e rodas, xunto ás exposicións dispoñibles no cole e na biblio, permitíronnos facer un achegamento á figura de María Lísa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galetas deste ano.



martes, 11 de junio de 2024

 Conta comigo

Nas quedadas lectoras do mes de abril participaron profes e alumnos/as do Club de lectura. Os pequenos e pequenas que se achegaron nos recreos gozaron de títulos como "A vaca que puxo un ovo", "O gato montés" ou "A sopa queima".





Xogos na biblio

Nunha nova semana de xogos atrevímonos co Kapla, un xogo de construción feito con pequenas pezas de piñeiro que anima a explorar e a poñer en xogo toda a nosa creatividade.





 

Club de lectura

 Último chamamento para apuntarse aos Clubs de lectura!