Como produto final do proxecto sobre saúde mental no que estivo traballando a aula de 5º de educación primaria, o alumnado organizou unha sesión formativa para as familias. Os responsables da formación en técnicas de relaxación realizaron a sesión na biblioteca escolar.
As familias que acudiron recibiron a formación teórica e práctica, xa que aprenderon algunhas técnicas útiles para reducir o estrés. Tamén se lles entregaron folletos informativos elaborados polo alumnado.



No hay comentarios:
Publicar un comentario