Polo Samaín tivemos unha semana moi intensa na nosa biblioteca.
Creamos un ambiente moi especial e coa colaboración de voluntariado de Secundaria e familias gozamos dunha semana animación lectora terrorífica e espectacular. Foron pasando todas as clases pola biblioteca para escoitar contos de medo e historias terroríficas.
Deixamos algunhas imaxes destes momentos a continuación:
Ademais durante toda a semana tivemos unha exposición de libros terroríficos expostos para que todas as clases puideran pasar a visitarnos e realizar lecturas na biblioteca
Un Samaín de conto na biblio!














No hay comentarios:
Publicar un comentario