Este curso, desde a biblioteca impulsamos a colaboración co Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) quen nos cedeu o uso dunha maleta literaria durante un mes.
Unha maleta con 16 contos que apoian os obxectivos 13 “Acción polo Clima”, 14 “Vida submarina” e 15 “Vida e ecosistemas Terrestres” dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (Axenda 2030).
A maleta viaxou polas aulas e tamén foi empregada no programa de apadriñamento lector.
Sen dúbida repetiremos a experiencia!





No hay comentarios:
Publicar un comentario