PlamBe

PlamBe
Bibliotecas escolares

martes, 10 de febrero de 2026

VOLUNTARIADO NA BIBLIO

 O programa de Voluntariado na biblioteca escolar está funcionando moi ben. O alumnado de 5º e 6º de Primaria colabora tanto nas actividades e xogos que se organizan diariamente na biblioteca no tempo de recreos, como no servizo de préstamo e na xestión de fondos.

Por exemplo, grazas ao noso voluntariado o servizo de préstamo do alumnado de Infantil está sendo moito máis doado, axilizamos tempos e melloramos a atención.





SEMANA ESPECIAL: DÍA DO TRABALINGUAS

Esta semana festexamos o día do trabalinguas organizando un concurso na biblioteca escolar. O alumnado acudiu nos recreos a participar do xogo con gran entusiasmo.









Club de lectura ESO 2

O club ESO 2 comezou o curso coa lectura do libro "O misterio das badaladas" de Xabier Docampo.


Un grupo numeroso e animado, veremos quen resolve antes o misterio.

MALETA LITERARIA: Contos para un planeta.

 Este curso, desde a biblioteca impulsamos a colaboración co Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) quen nos cedeu o uso dunha maleta literaria durante un mes.

Unha maleta con 16 contos que  apoian os obxectivos 13 “Acción polo Clima”, 14 “Vida submarina” e 15 “Vida e ecosistemas Terrestres” dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (Axenda 2030).

A maleta viaxou polas aulas e tamén foi empregada no programa de apadriñamento lector.





Sen dúbida repetiremos a experiencia!

Apadriñamento lector 5º EPO-6º EI

Este curso poñemos a andar o Programa de apadriñamento con 4 cursos. Abrimos o programa co alumnado de 5º de EPO e 6º de Infantil, do que deixamos algunhas imaxes a continuación:





Tivemos moita sorte co tempo e puidemos traballar na bibloi e fóra.

SEMANA ESPECIAL: 24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA.

 


Unha semana moi divertida na que o bingo lector gañou moitos e moitas seguidores/as.
Esta semana contamos coa axuda dos voluntarios e voluntarias de Primaria, que animaron e guiaron a actividade, axudando moito cando máis visitas tivemos.

Comezamos o luns cos máis pequenos/as



E continuamos o resto da semana cun gran éxito de convocatoria







E por certo, o voluntariado chegou para quedarse!

BRIGADA IRIDESCENTE. Club ESO 1

O alumnado do Club ESO 1 rematou a lectura do cómic "A brigada iridescente", todo un éxito: Encantoulles!

Ao finalizar fixeron unha pequena guía de lectura que pode ser empregada como marcapáxinas.



Club de lectura

 Último chamamento para apuntarse aos Clubs de lectura!