PlamBe
Bibliotecas escolares
martes, 28 de noviembre de 2023
jueves, 16 de noviembre de 2023
martes, 14 de noviembre de 2023
Feira científica
O alumnado de 1º de ESO celebra na biblioteca escolar a súa Feira científica.
Nos últimos 15 días o alumnado desta clase estivo traballando no proxecto "Life" que finalizou cunha feira na que o propio alumnado amosoulle ás familias o resultado do seu esforzo: maquetas, teatro, explicacións a través de infografías, experimentos e demostracións científicas foron algúns dos traballos levados a cabo o pasado venres na biblioteca.
Días das bibliotecas
O día 24 de outubro celebrouse o Día das bibliotecas e, na biblioteca escolar, tiveron lugar varias animacións lectoras para conmemorar a data e achegar, dun xeito lúdico, o noso alumnado á lectura.
O equipo de profes que dinamiza a Biblioteca escolar aproveitou a celebración do Día das Bibliotecas, para facer varias animacións lectoras coas clases de educación infantil e os primeiros cursos de educación primaria. Ao longo da mañá foron pasando os diferentes grupos para escoitar a unhas contacontos moi especiais (Lorena, Teresa e Fani). Polo camiño cara a biblioteca había moitas caras de expectación entre os peques, xa que sabían que lles esperaba algo novidoso e moi sorprendente.
Con estas dinámicas perséguese fomentar a lectura entre o alumnado e familiarizalo co uso da biblioteca coma un espazo aberto á súa disposición que lles permitirá vivir excitantes aventuras a través dos libros que poderán atopar nela.
ESO 1
BRIAN O CHINÉS
Comezamos cun novo libro nas reunións do club ESO 1: Brian, o Chinés. O libro foi escollido polo grupo de alumnos e alumnas do club entre diferentes opcións.
Brian, o Chinés (Primeiro Premio de Novela Xosé Neira Vilas) é unha novela sobre un mundo de emocións gurgullante ao redor dun neno con síndrome de Down, dende os seus primeiros anos na escola ata a súa adolescencia. Durante este tempo, Brian vai sentíndose parte dun grupo -formado por amigos, mestres, familia…- no que se sinte cómodo e co que vive grandes experiencias.
Pero este percorrido non sempre é doado, ás veces debe enfrontarse a situacións problemáticas que van cambiar o rumbo dos seus días.
Esta novela foi escrita por David Daniel Vázquez Álvarez e ilustrada por Andrés Meixide; editada por Embora.
-
Xogos na Biblioteca escolar Desde a biblioteca escolar estanse a ofrecer actividades lúdicas nos recreos que fan as delicias do noso alumna...
-
Este curso o Club de Lectura ESO 1 iniciou a súa andadura coa Brigada Iridiscente Tivemos diversas reunións e falamos sobre este cómic que ...
-
O alumnado de 4º de ESO continúa co programa de apadriñamento co alumnado de 1º de EP. Esta é unha sesión que os máis pequenos agardan con e...


















