PlamBe

PlamBe
Bibliotecas escolares

lunes, 9 de febrero de 2026

  Este curso escolar, desde a Biblioteca e en conlaboración coas profes de Educación Infantil, puxemos en marcha as "Mochilas viaxeiras". Unha actividade que está dando moito xogo. Cada mochila leva: 2 contos, 1 revista para pais/nais, 1 caderno, 1 lapis, 1 xogo e a nosa mascota!

A mochila viaxa a cada casa unha semana e logo os alumnos e alumnas comparten a experiencia vivida, amosan o caderno e nos contan que foi o que lles gustou, as súas preferencias, o que fixeron... 

Deixamos un par de imaxes para que vexades:







 Este curso o Club de Lectura ESO 1 iniciou a súa andadura coa Brigada Iridiscente


Tivemos diversas reunións e falamos sobre este cómic que entusiasmou a todo o grupo.

Ao final da lectura todo o alumnado cubriu a súa ficha/marcapáxinas




miércoles, 2 de abril de 2025

Recreos alternativos

 Este curso tamén continuamos cos recreos alternativos na biblioteca escolar. Abrimos toda a semana para préstamo de libros e como alternativa de ocio no tempo de lecer para aquel alumnado ao que lle apetece participar noutras actividades. Cada semana variamos as actividades, podendo participar en actividades tan diversas como quedadas lectoras, xogos coas letras, xogos de atención, cine, teatro, etc.

Deixamos a continuación algunhas actividades desenvoltas no que vai de curso:

Xogos de atención

Xogos de construccións



A Oca


Puzzles

E moitas outras actividades ao longo das semanas serviron como punto de encontro para moito alumnado na biblioteca escolar. 

Quedadas lectoras polo 8M

 Durante a semana do 8M as alumnas do Club de lectura ESO 2 acudiron á biblioteca a realizar as Quedadas lectoras co alumnado dos diferentes cursos que quixeron participar das lecturas propostas.

Algúns dos títulos lidos nesta data foron:




Sempre funcionan de maravilla as quedadas lectoras. é unha gozada ver como son acollidas polo alumnado.






23 de febreiro. Día de Rosalía.

 A última semana de febreiro celebramos o Día de Rosalía. Para isto realizamos un concurso no que podía participar todo o alumnado do cole acudindo á biblioteca escolar nos recreos.


Moito alumnado achegouse e participou elaborando a súa postal. Con todas elas realizamos unha exposición que estivo presente durante o mes de marzo.

Moitas grazas aos/ás participantes.

Club de lectura ESO 2

 No club de lectura ESO 2 estivemos traballando co libro Invisible, de Eloy Moreno. Esta novela, editada por Nube de tinta, está a despertar moito interese no alumnado pola serie que emite Disney +.


O alumnado do grupo demandou esta lectura e a abordamos ao inicio do segundo trimestre. Unha novela emotiva e conmovedora que aborda o tema do acoso escolar.

lunes, 31 de marzo de 2025

Grupo de lectura ESO 1

No club ESO 1 comezamos o curso coa lectura do libro "O caderno de Edua", de Helena Villar Janeiro, ilustrado por Carmen Queralt e publicado por Sushi books.


Unha historia ambientada nos Ancares dunha nena que descobre a súa vocación de escritora e que amosa que o mellor regalo está preto de nós.


Ao alumnado do club gustoulle o libro. Unha lectura breve e amena para comezar as primeiras reunións do curso!


Club de lectura

 Último chamamento para apuntarse aos Clubs de lectura!