Este curso escolar, desde a Biblioteca e en conlaboración coas profes de Educación Infantil, puxemos en marcha as "Mochilas viaxeiras". Unha actividade que está dando moito xogo. Cada mochila leva: 2 contos, 1 revista para pais/nais, 1 caderno, 1 lapis, 1 xogo e a nosa mascota!
A mochila viaxa a cada casa unha semana e logo os alumnos e alumnas comparten a experiencia vivida, amosan o caderno e nos contan que foi o que lles gustou, as súas preferencias, o que fixeron...
Deixamos un par de imaxes para que vexades:


No hay comentarios:
Publicar un comentario