A lectura actual do club ESO 2 é Druídas, de María Canosa. Un libro co que o alumnado se está achegando aos mitos e lendas da nosa tradición.
PlamBe
Bibliotecas escolares
jueves, 12 de marzo de 2026
Semana do 8M
Club de lectura ESO 1: Brian o chinés
No club de lectura ESO 1 estamos lendo Brian o chinés, de David Daniel Vázquez Álvarez. Este libro foi Primeiro Premio de Novela Xosé Neira Vilas e é unha novela sobre un mundo de emocións gurgullante ao redor dun neno con síndrome de Down, dende os seus primeiros anos na escola ata a súa adolescencia.
O alumnado está seguindo moi atento a trama deste libro. Agardamos rematalo antes das vacacións de Semana Santa.
jueves, 5 de marzo de 2026
5º visita a biblioteca escolar
O alumnado de 5º de EP acudiu á biblioteca para realizar unha labor de investigación. Estiveron traballando toda a sesión na biblitoeca empregando diferentes medios.
Unha sesión de traballo moi productiva!
Materiais
Na biblioteca elaboramos materiais para complementar aprendizaxes co noso alumnado, por exemplo a "Baralla baralloca" para aprender vocabulario da nosa lingua. O alumnado de 6º traballou con ela nunha sesión de reforzo na aula.
Obradoiro LEMOLA
Visitamos o obradoiro LEMOLA que se realiza na biblioteca escolar para ver as actividades que se desenvolven. Deixamos unha pequena mostra:
Feira cientimaga de 2º de EP
O alumnado de 2º de primaria rematou o seu proxecto de maxia ou ciencia cunha feira moi especial na biblioteca á que invitaron a participar a toda a comunidade educativa.
Da gusto ver todo o que aprenderon neste proxecto!
-
Xogos na Biblioteca escolar Desde a biblioteca escolar estanse a ofrecer actividades lúdicas nos recreos que fan as delicias do noso alumna...
-
Este curso o Club de Lectura ESO 1 iniciou a súa andadura coa Brigada Iridiscente Tivemos diversas reunións e falamos sobre este cómic que ...
-
O alumnado de 4º de ESO continúa co programa de apadriñamento co alumnado de 1º de EP. Esta é unha sesión que os máis pequenos agardan con e...































