PlamBe
Bibliotecas escolares
miércoles, 4 de marzo de 2026
Programa Lectura por parellas
No programa de Lectura por parellas participan os cursos de 3º e 5º de EP e os de 4º con 6º de EP. Nesta ocasión foron os primeiros os participantes. Con esta iniciativa pretendemos mellorar a competencia lectora das parellas a través do traballo de diferentes tipos de texto, tanto en castelán como en galego.
Recreos alternativos: Xogos con cartas
A primeira semana de febreiro nos recreos alternativos centrámonos nos xogos con cartas. O alumnado aceptou a proposta encantado e foi unha actividade moi exitosa.
26 de xaneiro: Día Mundial da educación ambiental
Para conmemorar esta data esta semana nos recreos teremos un "Obradoiro de origami". No obradoiro traballaremos con papel reciclado dos xornais que empregamos nas aulas, procurando concienciar na necesidade de reducir o impacto das nosas accións no medioambiente.
O alumnado elaborou diferentes animais que quedaron moi fermosos:

martes, 3 de marzo de 2026
Club de lectura EPO 2
No primeiro trimestre o alumnado do club leu "Escarlatina, a cociñeira defunta", un libro do que gostaron moito.
Especialmente ao final cando o celebraron coa elaboración dun brownie cuxa receita atoparon nas súas páxinas. Unha maravilla, parece que estaba ben bo, porque non quedou bocado!
Recreos alternativos: Xogos con letras
Continuamos ofrecendo outras actividades de ocio no tempo de recreo.
Nesta ocasión tócalles ás letras.
Moitas grazas ás voluntarias de Secundaria por acompañar nestas actividades!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Samaín: Conto contigo
O alumnado de ESO 3 realizou as animacións lectoras de Samaín, nunha biblioteca reconvertida nun salón de lecturas terrorífico. O alumnado ...
-
O club ESO 2 comezou o curso coa lectura do libro "O misterio das badaladas" de Xabier Docampo. Un grupo numeroso e animado, verem...
-
Actividades na biblio Este curso entre as dinámicas levadas a cabo na biblioteca houbo unha que foi moi exitosa: As curtametraxes O alumn...
-
Continuamos ofrecendo outras actividades de ocio no tempo de recreo. Nesta ocasión tócalles ás letras. Moitas grazas ás voluntarias de Secu...








.jpg)
















