PlamBe

PlamBe
Bibliotecas escolares

jueves, 30 de mayo de 2024

Conta comigo

 No mes de febreiro continuamos coas quedadas lectoras nos recreos. Nesta ocasión contamos coa colaboración de César, Aarón, Lorena, Carla e Nuria.





O alumnado gozou coas historias de Fab, o monstro amarelo e Coelliño branco.

miércoles, 29 de mayo de 2024

Día da muller e a nena na ciencia

 

O pasado 11 de febreiro festexamos na bilblioteca o Día da muller e a nena na ciencia.


Unha exposición e actividades para o alumnado que se achegou á biblioteca ao longo dos recreos da semana resultaron de gran interese e proporcionáronnos ratos moi divertidos.




lunes, 26 de febrero de 2024

 Celebramos o día de Rosalía na Biblioteca escolar

O pasado venres realizamos un recitado coa obra de Rosalía. O alumnado acudiu á biblioteca escolar libremente no recreo a gozar coa súa escrita que atoparon apaixoante!





viernes, 9 de febrero de 2024

 Visita de autor

Onte, xoves día 08 de febreiro, tivemos a sorte de recibir  a visita do escritor Miguel Anxo Romero, autor do conto "Unha ollada a Vila Doce", que estivemos a traballar no Club de lectura EPO 1.


Miguel Anxo respondeunos a un montón de preguntas que poderedes escoitar no vindeiro programa da Radio escolar.




Ademais, realizamos con el un obradoiro de creación dun caderno de Vila Doce.



Pasamos unha tarde moi divertida na súa compaña.



Moitas grazas Miguel Anxo!


martes, 30 de enero de 2024

 Xogos na Biblioteca escolar

Desde a biblioteca escolar estanse a ofrecer actividades lúdicas nos recreos que fan as delicias do noso alumnado e ofrecendo unha alternativa diferente aos recreos escolares..

O fin último é ofrecer alternativas para o tempo de lecer e que poidan acudir aqueles alumnos e alumnas que o desexen. As actividades teñen carácter lúdico e van cambiando os xogos semanalmente. sendo unha das iniciativas incorporadas ao Plan da biblioteca escolar do curso actual.
Esta experiencia propón o uso do espazo da biblioteca como un recurso máis, que nos proporciona oportunidades de interacción e xogo para favorecer o desenvolvemento das habilidades sociais. A proposta inclúe o uso de xogos de mesa clásicos, adaptacións de xogos e outros creados polo profesorado. O xogo da oca, o lince, puzzles ou o kaleidos son algúns dos que xa foron realizados.
As actividades están tendo moi boa acollida por parte do alumnado e todos os días achéganse pola biblioteca grupos de alumnos/as interesados en participar nas propostas.










Obradoiro de bolachas XXL

O alumnado do Club de lectura ESO 2 rematou o libro "Escarlatina a cociñeira defunta" e o festexou recreando unha das receitas que viñan no libro e que todo o grupo estaba desexando probar.

Pasamos un rato moi divertido na Biblioteca e posteriormente na cociña coa elaboración destas galletas. Ao pouco de metelas no forno xa o arrecendo estaba a anunciar un sabor estupendo.






E non duraron nadiña!

Un bo final para un libro que sempre é un acerto.


 

martes, 9 de enero de 2024

Obradoiro de Nadal na Biblio 

En decembro, a última semana de clase, organizamos un obradoiro de creación de adornos de Nadal na Biblioteca. O alumnado que quixo puido achegarse nos recreos a preparar algún adorno para pendurar da nosa árbore de Nadal. 

Mirade que chulada!



Todo isto foi posible grazas á participación de todos e todas vós:





Club de lectura

 Último chamamento para apuntarse aos Clubs de lectura!