PlamBe
Bibliotecas escolares
miércoles, 4 de noviembre de 2026
lunes, 28 de septiembre de 2026
jueves, 17 de septiembre de 2026
Programa Parellas Lectoras
Comezamos o novo curso cunha sesión de Parellas Lectoras entre o alumnado de 4º e 6º de EP. Unha lectura amena para pasar un tempiño ben agradable de lectura compartida.
Deixamos algunhas imaxes:
lunes, 20 de julio de 2026
Club EP 2
A despedida do Club EP 2 realizáronna na Residencia de Maiores de Caranza. Nas últimas sesións do club traballaron fábulas, poesías e dramatizacións con monicreques e prepararon unha animación lectora para os maiores. Finalmente acudiron ao centro, onde pasaron un bo rato compartindo con eles o traballo realizado. Deixamos algunhas imaxes do acto:
Boas noites
O Club ESO 3 finalizou a traxectoria lectora do curso con Teatro, coa obra "Boas noites" de Paula Carballeira. Eles mesmos seleccionaron esta peza entre varias opcións. Resultou unha experiencia moi gratificante, especialmente polas posibilidades que ofrece a nivel de oralidade e lectura compartida, polo que a poremos novamente en práctica o próximo curso.
Samaín: Conto contigo
O alumnado de ESO 3 realizou as animacións lectoras de Samaín, nunha biblioteca reconvertida nun salón de lecturas terrorífico. O alumnado ...
-
O club ESO 2 comezou o curso coa lectura do libro "O misterio das badaladas" de Xabier Docampo. Un grupo numeroso e animado, verem...
-
Actividades na biblio Este curso entre as dinámicas levadas a cabo na biblioteca houbo unha que foi moi exitosa: As curtametraxes O alumn...
-
Continuamos ofrecendo outras actividades de ocio no tempo de recreo. Nesta ocasión tócalles ás letras. Moitas grazas ás voluntarias de Secu...













