O Club de lectura ESO 1 finalizou o seu percorrido do curso coa lectura de "O asasinato da profexora de xeografía", un libro que gustou moito e mantivo a atención, interese e suspense ate o último momento.
Deixamos algunhas imaxes das reunións:
O Club de lectura ESO 1 finalizou o seu percorrido do curso coa lectura de "O asasinato da profexora de xeografía", un libro que gustou moito e mantivo a atención, interese e suspense ate o último momento.
Deixamos algunhas imaxes das reunións:
A primeira semana de xuño o alumnado de 5º de EP visitou a biblioteca escolar para realizar unha actividade de lectura compartida na que escolleron traballar co papagaio. Deixamos algunhas imaxes da actividade:
Esta semana saímos ao patio a realizar xogos co alumnado dos diferentes niveis educativos. Contamos coa colaboración do voluntariado de biblioteca, que estiveron animando a participar nas propostas e axudando nas diferentes actividades.
Deixamos algunhas imaxes:
Un ano máis asistimos á Xornada que desde Bibliotecas escolares se organiza en Santiago de Compostela. Unha formación ben interesante que aproveitaremos para incñuír novas propostas nos Clubs do cole!
O alumnado do Club de lectura EP 1 tivo a sorte de poder charlar cunha das súas autoras favoritas: María Canosa. Este curso estiveron traballando cos seus libros: "Lobo Ramón", "Pícache a curiosidade?" e "A cazadora de estrelas".
Pasaron un tempo fantástico con ela, participando nunha conversa moi interesante e compartindo impresións sobre o lido.
Moitas Grazas María!
O grupo de ESO 1 está lendo o último libro do trimestre no club:
Unha lectura que está gustando moito, chea de intrigas e misterios, mantén a atención e interese do/a lector/a en todo momento.