PlamBe

PlamBe
Bibliotecas escolares

miércoles, 4 de marzo de 2026

Novidades: Febreiro

 Xa temos dispoñibles nas nosas baldas os seguintes libros:



26 de xaneiro: Día Mundial da educación ambiental


Para conmemorar esta data esta semana nos recreos teremos un "Obradoiro de origami". No obradoiro traballaremos con papel reciclado dos xornais que empregamos nas aulas, procurando concienciar na necesidade de reducir o impacto das nosas accións no medioambiente.


O alumnado elaborou diferentes animais que quedaron moi fermosos:

                                                                     


martes, 3 de marzo de 2026

Club de lectura EPO 2

 No primeiro trimestre o alumnado do club leu "Escarlatina, a cociñeira defunta", un libro do que gostaron moito.



Especialmente ao final cando o celebraron coa elaboración dun brownie cuxa receita atoparon nas súas páxinas. Unha maravilla, parece que estaba ben bo, porque non quedou bocado!

Recreos alternativos: Xogos clásicos

 Mirade que ambientazo nestes recreos cos xogos máis clásicos!








Recreos alternativos: Xogos con letras

 Continuamos ofrecendo outras actividades de ocio no tempo de recreo.

Nesta ocasión tócalles ás letras.




Moitas grazas ás voluntarias de Secundaria por acompañar nestas actividades!


Novidades

 No mes de xaneiro chegaron á biblioteca os seguintes fondos



Voluntariado na biblioteca

Continuamos co programa de voluntariado na biblioteca. O noso grupo acompaña ao alumnado de Infantil no servizo de préstamo e cada 15 días van con eles/as á biblioteca e axúdanlles a escoller o libro e máis tarde os acompañan ás aulas.



 Moitas grazas!

Club de lectura

 Último chamamento para apuntarse aos Clubs de lectura!