O alumnado de ESO 3 realizou as animacións lectoras de Samaín, nunha biblioteca reconvertida nun salón de lecturas terrorífico. O alumnado viviu momentos de moita tensión cos relatos contados durante os recreos.
Moitas grazas!
O alumnado de ESO 3 realizou as animacións lectoras de Samaín, nunha biblioteca reconvertida nun salón de lecturas terrorífico. O alumnado viviu momentos de moita tensión cos relatos contados durante os recreos.
Comezamos o novo curso cunha sesión de Parellas Lectoras entre o alumnado de 4º e 6º de EP. Unha lectura amena para pasar un tempiño ben agradable de lectura compartida.
Deixamos algunhas imaxes:
A despedida do Club EP 2 realizáronna na Residencia de Maiores de Caranza. Nas últimas sesións do club traballaron fábulas, poesías e dramatizacións con monicreques e prepararon unha animación lectora para os maiores. Finalmente acudiron ao centro, onde pasaron un bo rato compartindo con eles o traballo realizado. Deixamos algunhas imaxes do acto:
O Club ESO 3 finalizou a traxectoria lectora do curso con Teatro, coa obra "Boas noites" de Paula Carballeira. Eles mesmos seleccionaron esta peza entre varias opcións. Resultou unha experiencia moi gratificante, especialmente polas posibilidades que ofrece a nivel de oralidade e lectura compartida, polo que a poremos novamente en práctica o próximo curso.
O Club de lectura ESO 1 finalizou o seu percorrido do curso coa lectura de "O asasinato da profexora de xeografía", un libro que gustou moito e mantivo a atención, interese e suspense ate o último momento.
Deixamos algunhas imaxes das reunións:
A primeira semana de xuño o alumnado de 5º de EP visitou a biblioteca escolar para realizar unha actividade de lectura compartida na que escolleron traballar co papagaio. Deixamos algunhas imaxes da actividade:
Esta semana saímos ao patio a realizar xogos co alumnado dos diferentes niveis educativos. Contamos coa colaboración do voluntariado de biblioteca, que estiveron animando a participar nas propostas e axudando nas diferentes actividades.
Deixamos algunhas imaxes:
Un ano máis asistimos á Xornada que desde Bibliotecas escolares se organiza en Santiago de Compostela. Unha formación ben interesante que aproveitaremos para incñuír novas propostas nos Clubs do cole!
O alumnado do Club de lectura EP 1 tivo a sorte de poder charlar cunha das súas autoras favoritas: María Canosa. Este curso estiveron traballando cos seus libros: "Lobo Ramón", "Pícache a curiosidade?" e "A cazadora de estrelas".
Pasaron un tempo fantástico con ela, participando nunha conversa moi interesante e compartindo impresións sobre o lido.
Moitas Grazas María!
O grupo de ESO 1 está lendo o último libro do trimestre no club:
Unha lectura que está gustando moito, chea de intrigas e misterios, mantén a atención e interese do/a lector/a en todo momento.
O noso alumnado traballou na elaboración dunhas fermosas caixas conto nas que empregaron diferentes materiais. A exposición estivo na biblioteca escolar todo o mes e finalizará a próxima semana. A continuación deixamos os seleccionados poloa alumnado do Club de Lectura de ESO e polo profesorado que participou na votación.
Unha das actividades que á nosa rapazada máis lles gusta é o programa "Tempo de lecer, tempo de ler" no que se achegan á biblioteca para escoller unha lectura e despois bótanse fóra a gozar coa lectura e a vitamina solar. Isto recarga enerxías!
Mirade, mirade que ben estaban os alumnos e alumnas de 2º de EP lendo ao sol e quencendo as costas!
Continuamos co programa de recreos alternativos que semanalmente fai unha proposta diferente para o tempo de lecer. Nesta ocasión centrámonos nos xogos de atención.
O alumnado de ESO 3 realizou as animacións lectoras de Samaín, nunha biblioteca reconvertida nun salón de lecturas terrorífico. O alumnado ...