Último chamamento para apuntarse aos Clubs de lectura!
Pasapáxinas
PlamBe
Bibliotecas escolares
lunes, 28 de septiembre de 2026
jueves, 17 de septiembre de 2026
Programa Parellas Lectoras
Comezamos o novo curso cunha sesión de Parellas Lectoras entre o alumnado de 4º e 6º de EP. Unha lectura amena para pasar un tempiño ben agradable de lectura compartida.
Deixamos algunhas imaxes:
lunes, 20 de julio de 2026
Club EP 2
A despedida do Club EP 2 realizáronna na Residencia de Maiores de Caranza. Nas últimas sesións do club traballaron fábulas, poesías e dramatizacións con monicreques e prepararon unha animación lectora para os maiores. Finalmente acudiron ao centro, onde pasaron un bo rato compartindo con eles o traballo realizado. Deixamos algunhas imaxes do acto:
Boas noites
O Club ESO 3 finalizou a traxectoria lectora do curso con Teatro, coa obra "Boas noites" de Paula Carballeira. Eles mesmos seleccionaron esta peza entre varias opcións. Resultou unha experiencia moi gratificante, especialmente polas posibilidades que ofrece a nivel de oralidade e lectura compartida, polo que a poremos novamente en práctica o próximo curso.
O asasinato da profesora de xeografía
O Club de lectura ESO 1 finalizou o seu percorrido do curso coa lectura de "O asasinato da profexora de xeografía", un libro que gustou moito e mantivo a atención, interese e suspense ate o último momento.
Deixamos algunhas imaxes das reunións:
5º de Primaria visita a Biblio
A primeira semana de xuño o alumnado de 5º de EP visitou a biblioteca escolar para realizar unha actividade de lectura compartida na que escolleron traballar co papagaio. Deixamos algunhas imaxes da actividade:
-
Xogos na Biblioteca escolar Desde a biblioteca escolar estanse a ofrecer actividades lúdicas nos recreos que fan as delicias do noso alumna...
-
Este curso o Club de Lectura ESO 1 iniciou a súa andadura coa Brigada Iridiscente Tivemos diversas reunións e falamos sobre este cómic que ...
-
O alumnado de 4º de ESO continúa co programa de apadriñamento co alumnado de 1º de EP. Esta é unha sesión que os máis pequenos agardan con e...

















